Galensino

Como aplicar as TIC na escola

Despedida!!!


Bueno, ata eiquí chegamos, esta é a nosa despedida, este camiño que percorrimos foi longo e duro pero por fin chegamos ata aquí, tibemos problemas pero soubemos solucionalos e agora xa rematamos este proxecto.

Esperamos que disfrutásedes coa información que vos fomos aportando e esperemos tamén que realicedes as actividades que fixemos con moito cariño.

Moitas grazas, un saudiño e ata outra!!!

Deixar un comentario »

A nosa webquest e o post!!!


Para rematar con este proyecto deixamosvos o enlace da Webquest  e o final o  Póster Galensino que realizamos, así podedes ter todo tipo de información sobre o que fixemos ata o último momento.

Esperamos que o pasarades ben coas actividades e con todo o que vos ensinamos sobre a PDI, que visedes o seu uso educativo e que pode ser de gran utilidade na aula.

Moitas grazas!!!

Un saúdo moi grande!!!

 

Deixar un comentario »

Informe do proxecto


Neste informe, mostrámosvos diferentes puntos a través dos cales nos baseamos para facer este proxecto: xustificación, contexto, obxectivos, contidos e actividades a realizar.

O informe explica principalmente cómo realizamos o noso traballo, que actividades pomos á vosa disposición para que poidan realizar as nenas/os, recursos de diferentes páxinas web como mostra de información sobre os usos da PDI na aula…

Esperamos que vos quede todo aclarado coas entradas que fomos subindo e con este informe.

O proxecto xa está case nas últimas, desexamos que vos gostase!

Aquí tendes o enlace do informe do proxecto.

Un saudiño!!!

Deixar un comentario »

O vídeo!


Bos días a tod@s! Xa rematamos o video e despois duns problemillas xa esta listo para subilo ao blog.

No video nos presentamos todos os componentes de Galensino utilizando , como non podía ser doutra forma, a PDI. Desta forma coñeceredenos un pouquiño e saberedes quenes son os que escriben tanto neste blog.

Un saúdo!!!

Deixar un comentario »

Últimos pasos


Boas noites!!! Estes días todos estibemos realizando o post e creando a nosa webquest, a verdade e que temos bastante traballo, éstes son os últimos pasos que temos que andar para poder presentar o noso proyecto, o cal esperamos que quede moi ben.

Xa rematamos o vídeo!!!! Desexámolo subir canto antes para que o poidades ver, e tamén o informe, así xa remataríamos con este blog, só nos quedaría a webquest e o post para poder presentar este traballo.

Esperamos que este blog vos fose e vos sexa de gran axuda.

Un saúdo amig@s!!!!

Deixar un comentario »

Experiencia coas TIC


Moi boas amig@s!

Hoxe vouvos contar a miña experiencia coas TIC. O meu primeiro acercamento ás TIC, foi en 4º da ESO, coa materia de informática. Nese curso aprendín a manexar programas moi coñecidos, coma o Photoshop, o Movie Maker ou o Audacity, entre outros.

Cando neste curso escoitei o nome de Webquest, ou Hot Potatoes, andaba un pouco perdido, xa que nin me soaban os seus nomes, e pensaba que sería unha asignatura difícil, pero non foi así. Esta asignatura servirame para adentrarme máis nas TIC, xa que son o futuro e é preciso dominalas.

Ata outra! Coidádevos!

Deixar un comentario »

Informe PDI


Preséntovos un informe sobre a PDI de Alejandro Feijóo, o cal foi publicado na revista “A pie de aula´´. Este informe amosa información sobre as consecuencias, tanto positivas como negativas, de usar unha PDI na aula. 

No informe contrástanse: Que por un lado, a PDI facilita a aprendizaxe, tanto cognitiva como visual, e aumenta notablemente a motivación dos alumnos; e por outro, que para realizar iso pérdese tempo e diñeiro (por mor do seu mantemento).

A dirección da páxina: http://www.gh.profes.net/apieaula2.asp?id_contenido=61537

Se escolleramos unha frase que resuma este informe, sería a seguinte:

Los resultados obtenidos con las pizarras digitales interactivas superan las expectativas de los docentes y estimulan el aprendizaje por parte de los alumnos.
Deixar un comentario »

Boas tardes blogeiros!


Recurso Web

Boaaas tardes dende o taller de informática. Atopámonos traballando duramente. Esta tarde sumerxímonos na webquest, que é un recurso moi interesante para culaquier docente. Esperamos tela rematada canto antes para que a poidades disfrotar.

Polo de pronto, eu acabo de rematar un recurso, que os adxunto a este post. É unha páxina moi interesante e recomendada para calquer docente. Pódense atopar datos moi interesantes en ela.

Déixovos, que vou empezar coa webquest canto antes. Un saudiño comañeir@s!!

 

Jacobo de Cabo

Deixar un comentario »

Eiquí seguimos!!!


Boas noites!!! Xa é xoves, que rápido se pasan as semanas, sobre todo cando hai tanto que facer…inda que agora vamos ter tres días para poder descansar algo, pero tranquilos, nos seguimos traballando. Por certo, o vídeo xa está rematado!!!! Só queda subilo!!!

Seguimos buscando e subindo máis recursos sobre a PDI, esperamos que vos sexan de gran axuda e utilidade.

Esperamos que o luns xa poidamos comenzar a segunda parte deste proxecto, onde temos que facer a presentación…agora xa non queda nada de tempo, vamos ter que coller forzas para este último arrenpuxón!!!

A verdade e que cada día aprendemos máis, e creemos que as TICs son moi importantes e o seu uso nas aulas xunto con bos métodos pode permitir a obtención de resultados moi bos!!!

Pasade unha boa fin de semana!!!

Unha apertaaa!!!

Deixar un comentario »

Actividade de crucigrama


Aquí deixo otra actividade máis. Esta trátase dun crucigrama que teredes que completar, foi feita con HotPotatoes, en concreto JCross.

Deixamosvos a descripción da actividade neste enlace para que teñades máis información sobre esta.

Para ver as defenicións das palabras pulsade nos números que están nos cadros. Se tedes algunha duda pulsade no botón de “pista”, pero coidado, porqúe canto máis pulsedes menos puntuación obteredes ao final.

Un saúdo!

Deixar un comentario »

Seguir

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.