Galensino

Como aplicar as TIC na escola

Despedida!!!


Bueno, ata eiquí chegamos, esta é a nosa despedida, este camiño que percorrimos foi longo e duro pero por fin chegamos ata aquí, tibemos problemas pero soubemos solucionalos e agora xa rematamos este proxecto.

Esperamos que disfrutásedes coa información que vos fomos aportando e esperemos tamén que realicedes as actividades que fixemos con moito cariño.

Moitas grazas, un saudiño e ata outra!!!

Deixar un comentario »

Últimos pasos


Boas noites!!! Estes días todos estibemos realizando o post e creando a nosa webquest, a verdade e que temos bastante traballo, éstes son os últimos pasos que temos que andar para poder presentar o noso proyecto, o cal esperamos que quede moi ben.

Xa rematamos o vídeo!!!! Desexámolo subir canto antes para que o poidades ver, e tamén o informe, así xa remataríamos con este blog, só nos quedaría a webquest e o post para poder presentar este traballo.

Esperamos que este blog vos fose e vos sexa de gran axuda.

Un saúdo amig@s!!!!

Deixar un comentario »

Informe PDI


Preséntovos un informe sobre a PDI de Alejandro Feijóo, o cal foi publicado na revista “A pie de aula´´. Este informe amosa información sobre as consecuencias, tanto positivas como negativas, de usar unha PDI na aula. 

No informe contrástanse: Que por un lado, a PDI facilita a aprendizaxe, tanto cognitiva como visual, e aumenta notablemente a motivación dos alumnos; e por outro, que para realizar iso pérdese tempo e diñeiro (por mor do seu mantemento).

A dirección da páxina: http://www.gh.profes.net/apieaula2.asp?id_contenido=61537

Se escolleramos unha frase que resuma este informe, sería a seguinte:

Los resultados obtenidos con las pizarras digitales interactivas superan las expectativas de los docentes y estimulan el aprendizaje por parte de los alumnos.
Deixar un comentario »

Boas tardes blogeiros!


Recurso Web

Boaaas tardes dende o taller de informática. Atopámonos traballando duramente. Esta tarde sumerxímonos na webquest, que é un recurso moi interesante para culaquier docente. Esperamos tela rematada canto antes para que a poidades disfrotar.

Polo de pronto, eu acabo de rematar un recurso, que os adxunto a este post. É unha páxina moi interesante e recomendada para calquer docente. Pódense atopar datos moi interesantes en ela.

Déixovos, que vou empezar coa webquest canto antes. Un saudiño comañeir@s!!

 

Jacobo de Cabo

Deixar un comentario »

Eiquí seguimos!!!


Boas noites!!! Xa é xoves, que rápido se pasan as semanas, sobre todo cando hai tanto que facer…inda que agora vamos ter tres días para poder descansar algo, pero tranquilos, nos seguimos traballando. Por certo, o vídeo xa está rematado!!!! Só queda subilo!!!

Seguimos buscando e subindo máis recursos sobre a PDI, esperamos que vos sexan de gran axuda e utilidade.

Esperamos que o luns xa poidamos comenzar a segunda parte deste proxecto, onde temos que facer a presentación…agora xa non queda nada de tempo, vamos ter que coller forzas para este último arrenpuxón!!!

A verdade e que cada día aprendemos máis, e creemos que as TICs son moi importantes e o seu uso nas aulas xunto con bos métodos pode permitir a obtención de resultados moi bos!!!

Pasade unha boa fin de semana!!!

Unha apertaaa!!!

Deixar un comentario »

Traballando


Boas tardes!!! =D

Oxe foi un día complicado, sobre todo pola mañá xa que nos resultou bastante complicado subir as actividades, grazas a axuda de Esther, o final acabámolas subindo con Dropbox, xa que nos foi imposible subilas con Filezilla e Nixiweb.

Como vedes seguimos subindo recursos sobre PDI, e seguiremos subindo o resto de actividades, intentaremos poder subilas todas antes do luns, igual que o noso vídeo de presentación, o cal xa esta gravado, pero está sendo editado.

Por último, quédanos subir o informe, pero este aínda ten que volver ser revisado por María, para que o poidamos publicar.

Esperamos que vos guste o blog que estamos a crear e os contidos que nel aparecen.

Unha aperta!!

 

Deixar un comentario »

Traballo de vacacións.


Bos días a tod@s!!! Espero que esteades a gozar coa variedade de recursos sobre a PDI que fomos introducindo ó longo do entroido.

Pronto subiremos tamén, unhas actividades que xa temos case rematadas para os nenos de primeiro de primaria. Nelas incluiremos actividades sobre o corpo humano e dos cinco sentidos: textos, contos, exercicios de relacionar…

Espero que pasarades un moi bo entroido. Un saudiño!!!

Deixar un comentario »

Tutorial da PDI


Adxuntamos agora o tutorial de instalación e de iniciación da Pizarra Dixital Interactiva, en formato en PDF. Os encargados de facelo fomos Jacobo e Celso.

Tutorial PDI Promethean

Deixar un comentario »

Traballo do día Luns 13, de Febreiro do 2012


Boas tardes blogueir@s!! Atopámonos Celso e máis eu, esta tarde traballando no tutorial sobre o uso da PDI, estamos a intentar editar o mellor manual para que vos sexa o máis fácil posible poñervos canto antes o día no uso desta útil ferramenta no campo da educación. Estamos axudándonos de imaxes para que o entendades todo á perfección, e non perdades tempo en ter que poñervos o día pola vosa conta. Xa queda pouquiño para que rematemos. Por outra banda, Cintia e Noelia están traballando co JClick, mentras que Jaime estase adentrando no mudo do HotPotatoes. Que pasedes un bo día!!

Deixar un comentario »