Galensino

Como aplicar as TIC na escola

A miña aportación o grupo e o proxecto


Ola a tod@s!! Este proxecto resultoume algo difícil o principio, sobre todo porque non estaba moi relacionada cos programas e coas ferramentas que estamos a utilizar para crealo. Aínda que pouco a pouco vou mellorando e agora xa me resulta máis doado.

Dentro do proxecto traballei máis o contido de crear actividades e o informe e un pouco menos en buscar recursos, aínda que subín algún recurso que atopei ao blog. Como xa dixen ao principio resultoume difícil pero agora cada vez domino máis o tema.

Dentro do meu grupo creo que dalgunha forma coordino un pouco as actividades que temos que facer para o proxecto e para ir subindo o blog, ademáis tamén falo coas profesoras para poder grabar o vídeo de presentación, o cal subiremos o antes posible, e intento que nos manteñamos en contacto e que traballemos todos xuntos.

A verdade xa traballara máis veces con Cintia e con Jaime e son moi bós compañeiros pero nunca o fixera con Celso, Jacobo e Alex.

Creo que somos un bó grupo donde nos axudamos uns os outros e donde nos intentamos repartir as tarefas para que sexa máis sinxelo o traballo, pero o mesmo tempo todos estamos interesados no que fan os demáis e intetamos  aprender desta  nova experiencia.

Un saúdo!!!

Noelia Fernández Bernardo

Deixar un comentario »