Galensino

Como aplicar as TIC na escola

Recursos PDI


Hola outra vez compañeiros!

Nesta ocasión preséntovos unha páxina da Xunta de Andalucía, a cal proporciona unha amplísima gama de imformación do corpo humano ideal para ser proxectada na clase, xa que posúe multitude de imáxes e fotografís que fan máis doado o aprendizaxe. Dentro de cada apartado danos a opción de ver gráficos actividades interactivas de cada tema proposto.

Adxúntovos o enlace desta páxina: http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~29701428/salud/portal.htm

E a continuación a súa ficha de análise: https://docs.google.com/document/d/1OgscfsHXVz07B50-WvsHcEhYOLyxWtMdCAhvO8czoe4/edit

Deixar un comentario »

Recursos PDI


Moi boas a tod@s.

Hoxe vos traio unha páxina da Xunta de Castela e León que nos aporta uns xogos moi interesantes para os alumnos de Educación Primaria. Ten gran variedade de xogos e de materias para que os nenos aprendan as súas lección de maneira amena e divertida.

Adxúntovos o enlace da páxina: http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/zonaalumnos/tkContent?idContent=3526&locale=es_ES&textOnly=false

E a continuación, a ficha de análise da páxina: https://docs.google.com/document/d/1uEjxR4U6tPPaekNPaT2sIVna0fq-u4m6ZYZcnLNrWQo/edit

Deixar un comentario »

A miña experiencia coas TIC


Bos días a tod@s!!! Hoxe vou contar a miña experiencia coas TIC nestas semanas. Para empezar, eu sabia máis ou menos o mesmo que a maioría no que se refire a blogs, como crealo, como publicar algunha entrada, etc, pero agora dinme de conta de que iso é unha pequena parte do que pode ofrecer un blog.

En canto á pizarra dixital sabía o que era e pouco máis xa que tanto na ESO coma no Bacharelato dispoñiamos dunha pero nunca a usábamos, pero grazas a este traballo agora sei manexala. Tamén aprendín a usar programas como JClic e HotPotatoes, que nin sabía o para que servían. Para isto último teño que dar as grazas aos meus compañeiros porque foi un traballo en equipo, uns se encargan de traballar co programa e despois móstrannos ao resto como funciona.

Creo que xa está todo dito. Un saúdo e que teñades un bo entroido.

Deixar un comentario »