Galensino

Como aplicar as TIC na escola

A miña experiencia coas TIC

o 20 Febreiro 2012

Bos días a tod@s!!! Hoxe vou contar a miña experiencia coas TIC nestas semanas. Para empezar, eu sabia máis ou menos o mesmo que a maioría no que se refire a blogs, como crealo, como publicar algunha entrada, etc, pero agora dinme de conta de que iso é unha pequena parte do que pode ofrecer un blog.

En canto á pizarra dixital sabía o que era e pouco máis xa que tanto na ESO coma no Bacharelato dispoñiamos dunha pero nunca a usábamos, pero grazas a este traballo agora sei manexala. Tamén aprendín a usar programas como JClic e HotPotatoes, que nin sabía o para que servían. Para isto último teño que dar as grazas aos meus compañeiros porque foi un traballo en equipo, uns se encargan de traballar co programa e despois móstrannos ao resto como funciona.

Creo que xa está todo dito. Un saúdo e que teñades un bo entroido.


Deixar un comentario